O BNG de Redondela presenta varias emendas aos orzamentos do estado 2014.

Urxe unha rotonda nesta estrada ante o perigo para peóns e vehículos.
O BNG de Redondela presenta varias emendas aos orzamentos do estado 2014.

Ridículos, cativos, que non atenden ás demandas dos galegos e galegas. Nestes termos tense expresado a deputada do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, na súa análise das partidas orzamentarias do Estado na comarca de Redondela.

Ante esta situación de abandono, o BNG de Redondela, vén de presentar unha serie de emendas aos orzamentos do Estado para que foran tomados en consideración. En palabras do responsábel local, Xavier Balsas “parécenos o mínimo imprescindíbel en competencias de titularidade estatal. Reiteramos a mellora na seguridade viaria, pero de verdade, non a feita de xeito improvisado e sen planificación”.

 

Rotonda no Alto de Os Valos.

Por enésima vez o BNG, presenta unha emenda para que o ministerio de Fomento elabore un Proxecto para este punto da rede viaria redondelá. A confluencia da estrada provincial, coa N-550, supón un treito de un alto grado de risco tanto para condutores como peóns. Máis de 15.000 vehículos cruzan a diario por este “punto negro”.

Trátase dunha emenda presentada tradicionalmente pola organización nacionalista, que afecta directamente aos concellos de Redondela, Pazos de Borbén e Mos. Prantexamos que se inclúa unha partida de 400.000 euros para iniciar as obras.

 

Urxe unha rotonda nesta estrada ante o perigo para peóns e vehículos.

Mellora da seguridade viaria na N-552 e acceso a Meirande.

Coa posta en marcha do centro de interpretación da Batalla de Rande, dende o BNG consideramos de primeira necesidade este acceso. “Cómpre mellorar a seguridade viaria na zona. Ademais o ministerio debe asegurar que o acceso de vehículos rodados, tanto particulares como autobuses, ao Meirande, poida facerse en boas condicións. De aí a necesidade dunha inversión neste eido.”

Meirande converteuse nestes últimos meses nun dos principais reclamos turísticos do concello de Redondela, polo que se debe facilitar o acceso dende a N-552; outra estrada pola que transitan máis de 15.000 vehículos diarios. Para esta obra consideramos que 300.000 € sería a partida axeitada.

 

Dende o BNG confiamos en que o goberno do Estado, teña en conta estas demandas feitas dende Redondela. “Para o BNG trátase de obras que se deben acometer ao longo do 2014. Non caben escusas para non poñelas en marcha, co que faremos un seguimento das mesmas”, apunta o voceiro nacionalista, Xavier Balsas.

O BNG de Redondela presenta varias emendas aos orzamentos do estado 2014.