O BNG rexeita que “a mentira” se instaure como arma política en Redondela.

O BNG rexeita que “a mentira” se instaure como arma política en Redondela.

A raíz das críticas feitas dende a organización nacionalista, sobre a nefasta xestión da problemática da calidade da auga en Arealonga, reproduciuse a única fórmula de ataque á nosa forza; o uso da mentira e a descalificación persoal.

Respectando o dereito de cada quen a defender a opción política que considere axeitada, existen algunhas liñas que non imos permitir. Utilizar o anonimato para difamar, mentir e manipular constitúen unha das ruindades que levan a moita xente a desafectarse da política. Se quen acredita nesta fórmula, considéraa axeitada, tamén terá que asumir as consecuencias.

O BNG, agora na oposición, responsabilizouse de importantes áreas formando parte do goberno. A positiva xestión desenvolvida, como medioambiente, servizos sociais, participación cidadá,... supuxeron un antes e un despois en Redondela.

Coa experiencia acumulada nos doce anos de presenza no goberno, xunto  aos anos na oposición, artéllase agora o instrumento para ser a única forza que lle planta cara ao PP de Javier Bas.

Cando o BNG fai crítica da acción de goberno, faina con argumentos. Empregar o lexítimo dereito que como grupo de oposición lle asiste para atacalo, busca xustificar as propias vergoñas, “calando” de xeito cómplice nesta nefasta xestión do goberno de Bas.

Acredita, o BNG, por unha transformación social do País, polo que se traza unha liña de traballo na que se defenda a todos os sectores agredidos. Isto supuxo, “sempre”, a presentación de mocións que van máis alá do ámbito redondelá. E máis tarde que cedo o tempo vaille dando a razón ao BNG: preferentes, partidos xudiciais…

A crítica á nefasta xestión de Arealonga, baséase en que no seu momento dende o BNG tivo que tomarse unha difícil decisión: desaconsellar o baño no areal, poñendo a bandeira vermella. Paralelamente conseguiuse o saneamento completo. A saúde pública está por enriba dos intereses partidistas e niso ninguén nos vai calar.

Que dende outras forzas políticas se empregue o dereito a cuestionar a xestión do goberno Bas, para tentar desacreditar sen argumentos, empregando mentiras, infundios... afortunadamente, a estas alturas, unicamente lle pode servir a un pequeno grupo marxinal.

Desdeñamos iniciativas personalistas, anquilosadas na mala fe, na desmobilización, na desafección. Apostamos por abandeirar os movementos sociais, manter a presenza na rúa, ter opinión sobre os problemas que afectan ao País, e tamén no eido internacional (Palestina, UE, antiimperialismo). Acreditamos que no noso concello hai moita xente disposta a compartir esta acción.

Adiante, pois, co BNG! Adiante coa Galiza Ceive e Popular!

 10371896_656682427734136_4707414981257030143_n

O BNG rexeita que “a mentira” se instaure como arma política en Redondela.