O BNG solicita que se faga publica a convocatoria de axudas para o comedor escolar.

O BNG solicita que se faga publica a convocatoria de axudas para o comedor escolar.

O grupo Municipal do BNG ven de solicitar que con carácter de urxencia se faga pública a convocatoria de axudas para o comedor escolar destinadas as familias que atravesan dificultades económicas.

Hai xa un mes que comezou o curso escolar e aínda non se abriu o prazo para a presentación de solicitudes, o que supón un grave problema para estas familias que, nun momento de crise económica, non poderán facer frente ao pago polo servizo de comedor dos seus fillos e fillas en idade escolar.

Este feito demostra a falla de interese da concelleira de Servizos Sociais e do Sr Alcalde por mellorar a calidade de vida dos veciñ@s que atravesan serias dificultades económicas,  e tamén pon de manifesto que as prioridades do goberno local non pasan precisamente por aplicar medidas  de carácter social que permitan aliviar economicamente a estas familias que están sufrindo a crise de maneira moi especial.

O señor alcalde ven de afirmar nun panfleto publicitario do PP de Redondela  que  “o Emprego e os Servizos Sociais son prioritarios para nós e constitúen a parte mais importante da nosa dedicación” . Esa é a política do PP, mentira tras mentira, en Redondela, en Santiago e en Madrid.

 

Grupo Municipal do BNG de Redondela

11 de outubro do 2013

O BNG solicita que se faga publica a convocatoria de axudas para o comedor escolar.