Cecilia Pérez: “O alcalde pretende rendabilizar a concesión da bandeira azul”.

Cecilia Pérez: “O alcalde pretende rendabilizar a concesión da bandeira azul”.

Destacou que o distintivo vai forzar ao goberno de Javier Bas a mudar as súas políticas a respecto do areal.

A voceira nacionalista fai unha valoración moi positiva da concesión da bandeira azul á Punta da Praia de Cesantes. Cuestiona a actitude do alcalde, Javier Bas, nos actos de concesión do distintivo, posto que “o único que lle preocupou foi destacar, que presuntamente pola súa xestión o areal acadou esta distinción”.

Para Ceclia Pérez a bandeira azul debe encher de orgullo tanto aos veciños e veciñas, como a aqueles colectivos que sempre se esforzaron por poñer en valor o areal da Punta da Praia. “Diferentes gobernos locais apostaron pola protección do sistema dunar, por eliminar vehículos da praia, por facilitar a accesibilidade e mellorar a seguridade no mar. Mesmo existe un anteproxecto, moito máis ambicioso, que traza a liña a seguir para unha recuperación integral de toda a Praia, que o goberno de Javier Bas ten gardado nun caixón”.

Segundo a voceira nacionalista tratouse dunha aposta da cidadanía, que agora confírmase que foi axeitada.

 

Rendabilidade política do alcalde

“Desta distinción o alcalde, Javier Bas, somentes pretende sacar tallada política”, segundo palabras de Cecilia Pérez. Recordou como poucas semanas antes da distinción, o propio alcalde defendeu a construción de balados no areal, e mesmo chegou a calificar aos nacionalistas como “radicais ecoloxistas” por faceren unha proposta abertamente proteccionista da Punta da Praia.

Recordou a voceira nacionalista como as medidas de conservación do entorno da praia, complemetaronse con accións de difusión da riqueza da fauna, e actividades de carácter educativo cos centros escolares. “Foron pasos decisivos, cun obxectivo claro. No que agora o alcalde se afana en rendabilizar. Xa outros abriron camiño moito antes”.“Curiosamente unha das primeiras iniciativas deste goberno foi eliminar o servizo de empréstamo de bicicletas co que se pretendía consolidar un acceso máis racional á Punta”.

Para Cecilia Pérez, cómpre unha valoración moi positiva da concesión da bandeira azul, porque obrigará a Javier Bas a mudar a súa concepción sobre a Praia. Destacou finalmente que “se trata dun éxito colectivo que ningún ego persoal vai usurpar”.

 

Cecilia Pérez nunha intervención no Pleno de Redondela.

Cecilia Pérez: “O alcalde pretende rendabilizar a concesión da bandeira azul”.