Cecilia Pérez: “ MÁIS SOBERANÍA PARA GALIZA, PARA PODERMOS SAÍR DA CRISE”.

Cecilia Pérez no acto do día da Patria en Redondela.
Cecilia Pérez: “ MÁIS SOBERANÍA PARA GALIZA, PARA PODERMOS SAÍR DA CRISE”.

A voceira municipal do BNG empraza á mobilización o Día da Patria en Compostela.

As políticas antisociais postas en marcha polo Partido Socialista, e desenvolvidas ata grados extremos polo Partido Popular deben ser combatidas dende o ámbito político, sindical e social.

Cómpre unha acción continua na rúa, para rebelármonos contra as medidas que o único que pretenden é quitarnos os dereitos conquistados nos últimos anos.

No Bloque Nacionalista Galego, estamos actuando a pé de rúa reclamando que non nos quiten os dereitos sociais, e tamén esixindo os nosos dereitos como nación.

A mobilización do vindeiro Día da Patria, debe ser masiva e contundente. Cómpre que o centralismo, personificado nos dous grandes partidos estatais, entendan que hai uns dereitos que como nación nos asisten. Non podemos dar nin un só paso atrás.

Maiores cotas de soberanía para a Galiza, convértense nunha expresión democrática dos galegos e galegas. As nacións máis pequenas, aquelas que teñen as súas institucións máis próximas á cidadanía, teñen capacidade de decisión e control sobre a súa economía, son as que antes e en mellores condicións saen desta crise.

Porque compre un novo tempo para Galiza. Porque cómpre adquirir maiores cotas de autogoberno, dende o BNG emprazamos a todos e todas as redondeláns a participar activamente na manifestación do Día da Patria dende a Alameda ata A Quintana.

Cecilia Pérez no acto do día da Patria en Redondela.

 

Cecilia Pérez: “ MÁIS SOBERANÍA PARA GALIZA, PARA PODERMOS SAÍR DA CRISE”.