Comunicado do BNG: Izquierda Unida móvese entre a ignorancia e o rédito político.

Comunicado do BNG: Izquierda Unida móvese entre a ignorancia e o rédito político.

A demanda de IU, formación política de carácter españolista, reclamando o posicionamento do BNG en canto aos Consellos Parroquiais, deixa ben ás claras a incapacidade desta forza política.

O BNG non vai actuar como elemento distorsionador nun proceso aberto pola propia Federación de Asociacións Veciñais. O BNG respecta os tempos e as iniciativas dos colectivos implicados.

Esta forza nacionalista ten manifestado que o proceso estaba viciado dende que o goberno de Javier Bas puxo en marcha novos Consellos, ao faltar o diálogo cunha das partes implicadas.

Manexar información privilexiada de encontros aos que as forzas políticas non estamos convidados, convértese nun intento de manipulación por parte de IU. Máxime cando esta forza tivo presenza no seu momento no goberno municipal en Redondela, e a constitución dos Consellos Parroquiais non foi unha das súas prioridades.

En todo caso, compete ás forzas políticas facer prantexamentos e propostas, non utilizar a problemática creada polo goberno municipal, para quitar rédito político, como neste caso pretende IU. Reiterar que o BNG xa ten manifestado publicamente o seu posicionamento sobre os Consellos Parroquiais, e vai seguir defendéndoo.

10371896_656682427734136_4707414981257030143_n

Comunicado do BNG: Izquierda Unida móvese entre a ignorancia e o rédito político.