O Consello Local do BNG contra a intención de converter o Concello en feudo particular de Javier Bas

As recentes informacións verquidas polos medios de comunicación sobre as conversas do alcalde de Redondela, Javier Bas co imputado Nelson Santos, alcalde de O Porriño, constitúen a xuízo do BNG, unha confirmación do xa denunciado por esta forza política.
Na súa valoración, o Consello Local, considera que se trata dun paso máis no intento de consolidación por parte do PP, dun concello aos seus servizos.
Non sorprende a esta organización política os feitos agora denunciados. Na campaña das municipais de 2011, a candidata Cecilia Pérez, fixo pública a denuncia da compra de votos por parte do daquela candidato. Como era de esperar a reacción do PP, foi a de tentar criminalizar ao BNG. O resto de organizacións políticas miraron para outro lado.
A organización nacionalista, denunciou en diversas ocasións que o PP estaba a tomar o Concello. A presenza continuada de militantes no entorno da alcaldía, ou a súa entrada preferente cando o proceso de moción de confianza tamén saíron á palestra.
Cómpre recordar que no seu momento o daquela responsábel local, Xoán Carlos González denunciara a ilegalidade urbanística cometida pola actual concelleira de Participación Cidadá, Herminda Quelle.
Un dos episodios máis lamentábeis, na que o BNG tamén se quedou só, foi o pago de facturas para actos do PP. En concreto tratouse do pago de facturas para un encontro do presidente do PP, Núñez Feijóo, Louzán, e outros dirixentes populares, cando a celebración dun programa radiofónico en Redondela. A contía da factura, arredor de 800 non foi moita, pero si marcaba un fito sen precedentes, sobretodo, despois de escoitar á concelleira de Facenda, Ana Alonso, de que o pago de dita factura foi unha decisión de carácter político.
Non vai cargar o BNG coa mala conciencia de quen no seu momento acreditou nas bondades do goberno de Javier Bas. Manifestacións do tipo este PP é diferente ao outro, Se estes son malos, os outros eran peores,... incorrían máis nun desexo que nunha realidade contrastada.
Segue apostando o BNG, en reconducir a situación en Redondela. Cómpre unha acción continuada, non só da denuncia, senón tamén de prantexar propostas en positivo e alternativas reais ao goberno de Javier Bas.