Contedores de Redondela en Pazos, “Urbaser” ningunea ao concello.

IMG-20230130-WA0012
Un dos contedores no concello de Pazos de Borbén.
Xoán Carlos González empraza ao goberno de Digna Rivas a actuar con firmeza, “impondo unha sanción grave por incumprimento do contrato”.
 
Contedores de Redondela en Pazos, “Urbaser” ningunea ao concello.
Nestes últimos días o BNG de Redondela foi informado da presenza de contedores da recollida de lixo de Redondela ubicados no veciño concello de Pazos de Borbén.
Tal como se recolle no Prego de Cláusulas asinado por Urbaser no ano 2.007 os contedores pertencentes ao concello de Redondela, deben prestar servizo no noso concello. 
Tras a sanción imposta no Pleno de xaneiro, de carácter leve por non prestar servizo nas parroquias, “este novo incumprimento podería supor que a empresa se lle sancionara cunha multa grave”, considera o voceiro nacionalista. Estamos ante un pulso entre a empresa e o concello, no que este último debe saír victorioso.
Xoán Carlos González considera que o goberno de Digna Rivas, non pode actuar con febleza, “senón amosar que foi electo polos veciños e veciñas para facer cumprir co que se paga cos seus impostos”, remata na súa nota.
 
Contedores de Redondela en Pazos, “Urbaser” ningunea ao concello.