Dende o BNG de Redondela constatamos que o goberno de Javier Bas, promociona as entulleiras.
Xoán Carlos González, considera ilegal os aterramentos a carón do cemiterio de Mañó.
Este goberno municipal amosa unha incapacidade manifesta na erradicación e eliminación de restos de obras e refugallos, considera o concelleiro nacionalista. En ningún momento pretendeu unha solución que reducira o impacto ambiental destes restos.
Responsabilizamos directamente ao alcalde de Redondela, Javier Bas, e aos concelleiros de Obras e Medio Ambiente, pola situación creada.
Céntrase ao longo da súas críticas no aterro dunha parcela propiedade municipal, sita a carón do cemiterio de Mañó. Unha superficie, duns 3.000 metros cadrados, feitos en noiros e socalcos que superan os cinco metros de altura. Paseniñamente foise aterrando esta parcela, con terra procedente de actuacións municipais. Mais o máis alarmante é que parte do material empregado debería ser tratado en centros especializados. Afirmamos que refugallos, baldosas, asfalto, ladrillos e bloques, tubarias, e plásticos, forman parte do material que se verqueu neste espazo, tapándoo a medida que se botaba.
Sinala o concelleiro nacionalista, que en contra do sentido común, e da normativa medioambiental tanto da Xunta como do propio concello, dende o goberno de Javier Bas empregaron este espazo da parroquia de Quintela para botar todo o seu lixo.
Consideramos igualmente gravísimo que o propio concello, a propia administración local, careza dun Proxecto para levar a cabo este aterro. No canto de exercer de modelo cos veciños e veciñas, cumprindo a normativa, limítase a actuar ilegalmente,
Cóllase por onde se colla, esta intervención amosa unha clara vontade do goberno municipal, de promover intervencións ilegais. Evidénciase que deixar que o Partido Popular se encargue da xestións dos residuos, constitúe unha temeridade dende o punto de vista medioambiental