A IU calquera cousa lle vale para facer política.
De todos é coñecido que IU, exerceu nos últimos anos de forza camaleón. Forza camaleón, posto que a nivel do estado ou na Galiza, pretendeu sempre fagocitar ao movemento cidadá. Apostan por non presentar propostas ou alternativas, sopesando que o desgaste dos demais íalle beneficiar.
De tod@s é coñecido que no caso de Redondela, a súa estratexia aínda é máis patética. Aceita como xeito de facer política apoiar aos que empregan o anonimato, como recurso para atacar ao nacionalismo. Soamente existe un escalafón moralmente máis ruín que a covardía: aquel que xustifica a covardía e faina súa.
Nos últimos días esta organización, ao servizo das directrices de Madrid, aproveitou a intervención da deputada do BNG, Olaia Fernández Davila, en contra da ampliación da Ponte de Rande. Xustamente, unha organización da que se descoñecen iniciativas de calado para enfrontar esta desfeita en Chapela, permítese o luxo de criticar a quen si as fai.
Non existen coincidencias en política. Todo está ben calculado. Cando se planificou a manifestación en Chapela en marzo do 2013, houbo algunhas cuestións que chamaron a atención, e que agora se comprenden. Na xuntanza mantida no concello, o único interese de quen agora exerce de coordinador de IU, era que aparecera o nome desta organización na pancarta. Nin máis nin menos.
Pretendíase que na cabeza da manifestación, tivera unha presenza destacada a corporación municipal e as asociacións de Chapela. Pois ben, IU colou a unha dirixente que nin sequera era de Redondela. Ademais, IU foi a única organización que se dedicou a facer propaganda política aproveitando a conxuntura. Rachar esa unidade, que naquel momento, valorábase positivamente.
Aquelas voces que se indignan, noutras ocasións, manifestaron un silencio cómplice naquela ocasión.
A militancia do BNG, non lle vai perder a cara aos conflitos do País e de Redondela. Continuaremos a cuestionar un modelo, que soamente produce desigualdades. Non imos manipular, nin agocharnos. O noso xeito de facer política é claro e nítido.