Dende o goberno da Xunta o BNG apoiará proxectos clave para Redondela

IMG-20240211-WA0015
Iria Custodio, Alexandra Fernández, Jéssica García e Xoán Carlos González en Chapela.

Nos actos de Redondela e Chapela garantiron que se tratará dun goberno aliado con inversións ás que o PP opúxose.

 

Dende o goberno da Xunta o BNG apoiará proxectos clave para Redondela

En diversos actos realizados polas parroquias redondeláns, membros da organización nacionalista reafirmaron o seu compromiso con inversións clave para o concello nos vindeiros anos.

Destacan a renovación do Peirao de Cesantes, a Escola Infantil de Chapela, infraestruturas deportivas e de saneamento, ademais da promoción de vivenda pública e a humanización da Avenida de Mendinho.

“Todos estes proxectos son de vital importancia para o futuro desenvolvemento do noso concello aos que o Partido Popular votou en contra sempre”, sinalou o voceiro nacionalista Xoán Carlos González Campo.
 
Pola súa banda, a tamén concelleira e integrante da candidatura por Pontevedra, Jéssica García, salientou a necesidade de que o BNG lidere o goberno galego. “A xente moza debe ter recursos para desenvolver o seu proxecto de vida en Galiza, con boas condicións laborais e acceso á vivenda”, destacou. Insistiu en que con Ana Pontón como presidenta, “as políticas de igualdade constituirán un dos piares sobre os que se asentará o seu goberno”.
 
A deputada Alexandra Fernández, Interviu tamén nos actos públicos de Chapela e Redondela, onde chamou a “concentrar todo o voto que quere cambio apoiando ao BNG o domingo 18, para construír un novo País”.
 
Enfatizou a necesidade de recuperar os servizos públicos como a sanidade “que cun goberno liderado por Ana Pontón vai recibir 200 millóns extra para compensar o deterioro aos que a someteu o PP”. Tamén se detivo a valorar a necesidade de que os nosos recursos como a enerxía deben estar ao servizo do pobo galego.
 
Como deputada nacionalista, Fernández encargouse de defender proxectos de vital importancia para Redondela no Parlamento galego “rexeitadas sistemáticamente polo goberno de Rueda”. Dende a completa humanización da Avenida de Mendinho; a pilotaxe do Peirao de Cesantes para garantir o equilibrio medioambiental da Praia e o futuro do marisqueo; construcción da Escola Infantil en Chapela; saneamento; pistas de atletismo. “Redondela, contará cun goberno aliado para que proxectos estruturais desta relevancia poidan executarse nos vindeiros anos. Para iso debemos votar en masa BNG o vindeiro domingo 18”, destacaron finalmente dende a organización nacionalista
Dende o goberno da Xunta o BNG apoiará proxectos clave para Redondela