“Houbo actidues que temos que denunciar durante a xornada electoral. Estoume referindo á actitude da concelleira Ana Lemos, que no seu colexio electoral de Cedeira, continuamente está presionando á mesa electoral nunha actitude, ano tras ano, antidemocrática”. Nestos termos interviu o voceiro municipal do BNG Xoán Carlos González no Pleno extraordinario de febreiro.
A resposta dos populares limitouse, outra volta, a calificalo de “machista”, nun novo exemplo da trivialidade coa que este termo é empregado pola dereita.
Nestes días o Partido Popular, ante a certeza da actitude da súa concelleira, pretendeu meter presión a traveso das redes sociais, cualificando ao voceiro nacionalista de “machista”.
Nesta persecución e acoso colaboran membros de AER, quen mesmo chegaron a empregar a mentira na súa difamación pública. Algúns xornalistas, lonxe de contrastar a información, fixéronse eco destas falsidades.
O PP pretende meter o medo entre a veciñanza de Redondela que fala abertamente do xogo suxo co que algún e algunha das súas representantes actúa nas mesas electorais. Trátase dun claro exemplo de intento de linchamento político ante a frustración por mor duns malísimos resultados da dereita en Redondela.
O comportamento en todo momento do voceiro do BNG de Redondela pode calificarse de intachable, e conta co respaldo non só do corpo militante e simpatizante nacionalista, senón tamén de veciños e veciñas que xa expresaron o seu total e absoluto apoio.