Desprezo do goberno de Digna Rivas ao Consello Municipal da Muller
Nin convocatoria de Asemblea nin información de actos nas vísperas do 25N.
17 nov. 2025 - 21:38
A parafernalia coa que a alcaldesa Digna Rivas e o seu goberno anunciaron os actos arredor do 25N certifican o seu desinterese pola participación na vida municipal do movemento feminista en Redondela.
Tal como vimos denunciando nos últimos anos dende o Bloque Nacionalista Galego, tanto dende o bipartito municipal saboteouse e despreciouse este órgano de participación de colectivos de mulleres. Un movemento que na última década convertira a Redondela en referente da nosa bisbarra.
As actividades presentadas pola alcaldesa Digna Rivas careceron do máis mínimo debate e contraste no Consello Municipal da Muller. Non se tivo en conta ás diferentes vocalías, nin ás representantes dos grupos políticos. O obxectivo do goberno municipal, converter este órgano nun mero convidado de pedra.
O mesmo sucedeu co Manifesto do 25N, que se levou a Pleno no mes de outubro. Non se informou ao CMMuller, tal como se lle tén requerido noutros anos a Digna Rivas. É máis o Manifesto trasladouse aos grupos políticos ao día seguinte de que o Bloque Nacionalista Galego presentara unha moción sobre o 25N. Toda unha demostración de desinterese e cinismo político.
Recordan dende o BNG que no ano 2024 propuxeron a creación do Consello Municipal da Muller Nova, rexeitada conxuntamente por PP, PSOE e AER.
Tócalle outra volta ao BNG poner en valor e desenvolver políticas activas a prol do movemento feminista. Tal como se fixo hai varias décadas cando por iniciativa da organización nacionalista creouse este órgano de participación das mulleres na vida municipal.