Emenda do BNG aos orzamentos da Xunta que segue negando un novo Peirao para Cesantes.

IMG-20241209-WA0010
Peirao de Cesantes

Rexeitada novamente polo goberno do PP, a iniciativa nacionalista para pivotar o peirao e mellorar as condicións do areal de Cesantes.

 

Emenda do BNG aos orzamentos da Xunta que segue negando un novo Peirao para Cesantes.
O sector do mar en Redondela, pode seguir ofrecendo postos de traballo dignos con criterios medioambientais e de calidade. Cómpre políticas públicas que aposten pola produción pesqueira tradicional e marisqueira na Enseada. A Xunta de Galiza é a administración responsábel de garantir o futuro de centos de traballadores e traballadoras.
Os orzamentos da Xunta volven ser unha oportunidade perdida para que a Praia de Cesantes mellore as súas condicións ofrecendo un espazo máis rico, cunha produción marisqueira que garanta o futuro do sector.
O Bloque Nacionalista Galego de Redondela a través do seu grupo parlamentar presentou unha alegación aos orzamentos galegos para a reconstrucción e pilotaxe completa do Peirao. Novamente atopámonos co non do Partido Popular que non considera necesaria esta obra.
Na súa liña continuísta antisector marisqueiro e mariñeiro na Enseada, o PP no Parlamento rexeitaba unha iniciativa do BNG para que se levara a cabo un estudo técnico rigoroso co fin de estudar as futuras políticas que garantan o equilibrio da Enseada. 
O compromiso do BNG é continuar na senda de defender a viabilidade do sector do mar en Redondela.
 
Emenda do BNG aos orzamentos da Xunta que segue negando un novo Peirao para Cesantes.