Escaso interese do goberno de Javier Bas polo ensino público.
A pesares de que as bases de comedores, son potestade do goberno municipal e unicamente debe dar conta aos grupos da oposición, na Comisión correspondente o concelleiro do BNG, Xoán Carlos González, manifestou o seu desacordo coas mesmas.
Certificouse a calamitosa convocatoria das axudas do comedor, cando foron publicadas con data 24 de xullo, en pleno período vacacional. O noso concelleiro, dirixiuse ao goberno municipal para solicitar un maior prazo para as familias. Pola súa banda, representantes das ANPAs, traballaron en pleno mes de agosto para informar ás familias.
A daquela, alcaldesa en funcións, Teresa París non tivo a deferencia en xuntarse con representantes das ANPAs para buscar solucións á problemática xerada. Outros asuntos de maior relevancia, estaban marcados na súa axenda.
Segundo o concelleiro nacionalista, Xoán Carlos González trátase dunha convocatoria disuasoria, pola complexidade burocrática. Recordar que os comedores escolares son recursos complementarios educativos e o goberno municipal pretende convertelos nun instrumento meramente asistencial. Nalgunhas partes das bases, mesmo existen cuestións totalmente ridículas.
Un dos feitos que máis sorprendeu ao grupo municipal, constitúeo que as axudas prantéxanse dende o 1 de outubro, cando o curso iniciouse o 10 de setembro. O compromiso das ANPAs e das familias, convértese unha vez máis no motor que impulsa aos comedores.
Ao longo das bases, que piden un importante número de requisitos, prantéxanse totalmente en contra do que son os comedores en si. Os comedores, dende o punto de vista educativo, son servizos complementarios do colexio. As bases indican uns comedores de carácter social, tendendo á beneficencia.
Pero mesmo as bases chegan ao absurdo, cando nun dos apartados recóllese como requisitos Declaración xurada de ingresos irregulares.
O BNG responsabiliza ao alcalde Javier Bas de que estas bases constitúan castigo para as familias, no canto de facilitarlles a conciliación e a educación en centros públicos. O compromiso do BNG, segue a ser, o de denunciar e aportar alternativas para os comedores escolares.