Europeas 2014. Acto Público en Redondela.

Se o BNG Está! Galiza Está!
Europeas 2014. Acto Público en Redondela.

O BNG pide o voto ante unhas eleccións que considera “trascendentais para o futuro de Galiza”.

Nun acto público que tivo lugar na Alameda de Redondela, os tres intervintes, Cecilia Pérez, voceira municipal,  Miguel A. Fernández Lores, alcalde de Pontevedra, e Manuel Moreira, integrante da candidatura do BNG, chamaron a atención sobre a necesidade da presenza do BNG en Bruxelas.

Se o BNG Está! Galiza Está!

“Si o BNG está, Galiza está”, foi a consigna máis empregada polos intervintes, Recalcando que somentes Ana Miranda levará os problemas de Galiza ante a cámara europea.

A primeira en intervir, Cecilia Pérez, cuestionou a estratexia dos dous grandes partidos de presentar a Campaña ás Europeas, como un simple ritual. Fixo un chamamento á mobilización social para “pórlle freo ás políticas antisociais e de recortes, postuladas primeiro polo PSOE e despois polo PP”. Insistiu en que “ninguén vai silenciar ao BNG, porque o BNG está na rúa, cos problemas da xente”, en referencia aos recortes de espazos electorais sufridos pola organización nacionalista. Aproveitou para poñer en valor o voto nacionalista, o voto a Ana Miranda, posto que se trata da única opción que ten o corazón en Galiza e o futuro no País.

Cecilia Pérez na súa intervención.

A continuación interveu o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, quen adicou grande parte do tempo en cuestionar “o modelo de Unión Europea que nos queren impoñer. Un modelo antisocial, que somentes busca o beneficio das grandes corporacións, dos consellos de administración, aínda que iso supoña o empobrecemento do noventa e nove por cen da poboación”.

Recordou Lores, que fronte a PP, PSOE, e mesmo IU, “que defenden o actual modelo, con pequenos cambios, o BNG enfróntase dende hai décadas a unha Unión que vai en contra dos sectores produtivos, encontra dos cidadáns, en contra do futuro das maiorías sociais”. Avogou por deitar este tipo de políticas dende opcións alternativas como o BNG, que cuestionan un modelo corrompido dende a base.

Fixo un repaso do que supuxo a entrada na UE para Galiza. “De ser un País pobre en produción de leite, carne, na pesca, na construción de buques, convertéronnos nun País subsidiado, e nós non queremos ser subsidiados, só queremos decidir sobre o noso futuro”, apuntillou. Puxo como exemplo países coma Noruega, que decidiron non participar na UE, sendo claro ao afirmar que “tamén hai vida fóra da UE”.

Detívose Fernández Lores, nas políticas emanadas dende a Comisión Europea, un aparello fóra do control democrático, que van en contra do comercio de proximidade. Reafirmouse como defensor deste sector, posto que crea emprego, dá vida ás cidades e vilas, e convértese en recurso para o futuro do País. Mais as políticas de PP e PSOE, van no camiño de potenciar as grandes superficies, ata o punto de que 4 de cada 5 consumidores, xa o fan nestas áreas”. Antes de rematar a súa intervención, volveu pedir o voto para o BNG, o voto para Ana Miranda.

Intervención de Fernández Lores, alcalde de Pontevedra

Manuel Moreira encargouse de poñer o colofón ao acto público. Médico de familia, e destacado activista da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública, relatou como as políticas antisociais emanadas da Unión Europea, van no camiño da eliminación do público, para fomentar o privado. “Pretenden encher os petos das grandes empresas, a costa dos dereitos dos cidadáns”, afirmou.

Manuel Moreira parouse a relatar situacións que se están a vivir nos servizos de atención primaria “onde xa a xente tén que optar entre manter tratamentos con medicamentos que repagan, ou deixar de comer”. Fronte a isto denunciou como o goberno da Xunta, dálle a concesión da construción do Hospital de Vigo a unha empresa, que o xestionará con cartos de todos e todas. “Pretenden impoñernos unha fórmula que vai en contra dun dereito básico e universal”.

Ao remate da súa intervención Moreira, apostou por tomar conciencia e escenificar un acto de “rebeldía” contra este sistema imperante na UE, votando a Ana Miranda, votando BNG, porque “Si o BNG está, Galiza está”.

Manuel Moreira,activista da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública e candidato do BNG

 

 

 

 

 

 

Europeas 2014. Acto Público en Redondela.