O goberno de Javier Bas di agora que nunca se comprometeu a arranxar o campo de fútbol de O Viso.
Hai un ano o grupo municipal do BNG presentaba unha moción na que se poñÃa enriba da mesa a situación do campo da Gándara. Daquela unicamente se recollÃan dous acordos: que o alcalde Javier Bas iniciara os trámites para poñer en marcha o proxecto de recuperación do campo e que se implicara a todos os colectivos afectados: Comunidade de Montes, Club Deportivo Cesantes, Deputación e Xunta.
Naquel pleno, o voceiro do goberno de Javier Bas, tachou a iniciativa de oportunista posto que o recollido na moción “xa o iniciara o alcalde”. Non podÃa ser doutro xeito. É ben coñecida a constante preocupación do alcalde cos seus conveciños. Todo un disparate cuestionar que non movera un dedo, priorizando outras iniciativas que lle daban un maior respaldo popular. Na votación final o grupo de goberno tomou o camiño de absterse.
No Consello Parroquial celebrado no Viso no mes de setembro representantes da Comunidade de Montes, retomaron a situación do Campo de A Gándara. Unha situación de abandono total, terceiromundista, que levou á desaparición das categorÃas inferiores de balompé. Moitos clubs, nais e pais dos equipos visitantes, negábanse a que seus fill@s xogaran nestas instalacións.
A resposta dada polo presidente do Consello Parroquial non puido ser máis decepcionante, afirmando que o goberno nunca se comprometera a arranxar o campo. Non se deron máis explicacións, nin da situación da xestión das melloras, nin de posÃbeis alternativas para as categorÃas inferiores.
Unha nova mostra de que o goberno de Javier Bas minte e tenta manipular a colectivos e asociacións. Prioriza este goberno, iniciativas de maior impacto mediático, e posÃbel “repercusión electoral”. Nada de planificación nin inversión racional a medio e longo prazo.
O Bloque Nacionalista Galego, segue apostando polo fomento do deporte base e a práctica deportiva saudábel. Enfrontámonos ao modelo de xestión dos cartos públicos do Partido Popular. Seguiremos esixindo que se realice unha importante inversión no Campo A Gándara que debe cumprir as mesmas condicións, cando menos, que outros que existen en Redondela.