O goberno de Javier Bas, mófase dos acordos plenarios.
O BNG xa non acredita dende hai meses, nesa boa vontade que o alcalde quixo imprimir, aparentemente, na actuación apolítica do seu goberno. Existen numerosas evidencias de que tanto acordos plenarios, como compromisos, simplemente servían para dar saída ás demandas da oposición. Estes acordos permitíronlle ao goberno aparentar que estaban a traballar nun tema, cando a súa intención ía por outra vía.
O recente compromiso do Pleno de outubro, e a posterior convocatoria do Consello Municipal Forestal, confirman o exposto. A moción presentada pola Agrupación de Electores sobre Dinamización Forestal, foi debatida dúas veces en tres meses.
Na primeira das ocasións, despois de que cada grupo expuxera ou seu parecer e a súa valoración da Moción, para saír do paso, o goberno do PP acordou co concelleiro de AER, convocar o Consello Forestal. Permitiulles solventar momentaneamente un problema.
No pleno de outubro, novamente acordou o goberno municipal co representante da Agrupación de Electores, que se ía convocar o Consello Forestal. A sorpresa; cando na convocatoria de dito Consello, non se inclúe a Moción sobre Dinamización Forestal. Isto supón que os acordos tomados no texto, poderían minimizarse a unicamente solicitudes.
O BNG considera que se trata dunha nova burla do goberno de Javier Bas. Nunca se sentiu cómodo no debate. Sempre actuou coa estratexia de ir solventado os Plenos, de xeito que saíran ben parados.
Dende a organización nacionalista, rexéitase que o goberno municipal tome os acordos plenarios, como un mero protocolo. Repudia que, unha vez máis, se tomen os Consellos de participación veciñal como un xogo. Co BNG no goberno, isto non acontecía.