Ante a problemática do Multiusos, o BNG pide unha convocatoria urxente da xunta de voceir@s.
Esiximos que se dea puntual información sobre a situación, e se estuden as medidas a adoptar.
Ante a grave situación creada polas obras de renovación do teito do Multiusos de A Xunqueira o grupo municipal do BNG, tomou a iniciativa. Ante a falla de información que debería ter dado o goberno de Javier Bas, solicitamos a convocatoria urxente da xunta de voceir@s para que se poñan todos os dados enriba da mesa, e mesmo se tomen iniciativas consensuadas.
Membros do Consello Local, coñeceron in situ a situación das obras, calificándoo de auténtica trincheira. Parte do teito do Auditorio caído, e auga caendo a chorros por un sistema de iluminación recén estreado, o chan de madeira levantándose; chan anegado, por onde pasan os usuarios e usuarias do Multiusos (algo máis de douscentos diarios); falsos teitos desprendidos; paredes polas que cae auga continuamente; o almacén da biblioteca cuberto con plásticos;... Os efectos desta situación poden prolongarse nos vindeiros meses.
Xa dende o fin de semana se empezaron a notar as obras, principalmente no segundo andar, e no auditorio. Agora, a nosa máxima preocupación constitúea a seguridade dos usuarios e usuarias do Multiusos.
Imos esperar a que se nos dea a información, e prantexar medidas urxentes, e drásticas se chega o caso