O goberno de Javier Bas pretende escenificar na sesión plenaria de hoxe, o “golpe de estado” do PP

O goberno de Javier Bas pretende escenificar na sesión plenaria de hoxe, o “golpe de estado” do PP

A moción recolle a modificación da Lei Electoral para consolidar o poder da dereita.

 As cartas enriba da mesa. Con esta consigna, aqueles que se presentaron como alleos á política que viña de Compostela, calificándoa de “asuntos alonxados de Redondela”, defenden hoxe unha directriz de carácter estatal: apoiar, con todos os seus recursos, a modificación da Lei Electoral. O PP pretende un asalto a unha xa de por si, precaria representatividade cidadá.

Unha Lei Electoral, que o BNG, como forza que acredita e exerce a democracia, sempre cuestionou. Historicamente a forza nacionalista, combateu un sistema electoral baseado na consolidación da alternancia bipartidista.

A pesares de que nos últimos días, os movementos do Partido Popular, son os de chegar a acordos co Partido Socialista, o partido máis beneficiado, a súa intención é a de modificar a Lei.

Dende o Bloque Nacionalista Galego, faise un chamamento para que forzas sociais e veciños e veciñas de Redondela, teñan presenza no Pleno a celebrar hoxe martes a partires das 20.30. Cómpre que a sociedade civil, visualice o seu rexeitamento do goberno de Javier Bas, de apoiar este intento do PP de deteriorar o sistema de representatividade electoral.

O BNG empraza a visualizar, que este é un tema de calado para Redondela. Nada de pasar de puntiñas, para evitar a contestación social. Modificar a Lei Electoral, soamente vai beneficiar a grupos de presión, e a quen querer outorgarse a representatividade cidadá sen ter dereito.

 

O goberno de Javier Bas pretende escenificar na sesión plenaria de hoxe, o “golpe de estado” do PP