As mentiras de Javier Bas. Ti elixe as 10 primeiras.

Chimo Bayo
As mentiras de Javier Bas. Ti elixe as 10 primeiras.

-        Proporemos ao sector un plan de recuperación e dinamización do sector téxtil.

-        Proporemos á universidade a colaboración co concello para desenvolver en Redondela proxectos universitarios creadores de emprego.

-        Crearemos o foro municipal para o desenvolvemento económico.

-        Promoveremos o emprego a través da formación de coidadores/as domiciliarios.

-        Elaboraremos o Plan para o Desenvolvemento Turístico de Redondela.

-        Promoveremos cursos de formación específica en hostalería e turismo.

-        Fomentaremos a implantación da lingua galega.

-        En colaboración cos nosos maiores, desenvolveremos un programa de recuperación de costumes e tradicións.

P1050034

-        Impulsaremos a recuperación do noso patrimonio cultural (mámoas, petróglifos, fontes, cruceiros, lavadoiros).

Cruceiro da A Raíña en Cedeira.

-        Desenvolveremos as escolas deportivas en Redondela.

-        Daremos un novo pulo ao Padroado Municipal de Deportes.

-        Potenciaremos a práctica de deportes náuticos na Enseada de S. Simón.

Foto: Faro de Vigo

-        Elaboraremos un programa de ocio nocturno alternativo para a xuventude.

-        Elaboraremos o plan anual de mantemento e mellora de instalacións escolares.

-        Elaboraremos o catálogo virtual de bens culturais do concello de Redondela.

-        Defenderemos a paralización da AP-9.

Javier Bas xunto a Feijoo, Ana Pastor e Abel caballero inaugurando o inicio da destrucción dunha parroquia con Maiúsculas!

-        Elaboraremos un Plan de Tráfico.

Transporte madeireiro sen carga pasando fronte ao colexio de Cesantes.

-        Promoveremos a implantación dunha rede de Transporte Público Interparroquial.

-        Esixiremos co conxunto da sociedade redondelá a gratuidade da peaxe de Rande.

-        Xestionaremos a apertura da saída da Autopista AP-9 por Chapela.

-        Dotaremos ao noso concello de zoas axeitadas para cans.

-        Impulsaremos a creación do Servizo Permanente do GRUMIR, dando resposta á demanda histórica dos veciñ@s, que veñen solicitando este servizo de primeira necesidade durante todo o ano.

-        Coordinaremos coas Comunidades de Montes o Plan de Prevención de Incendios Forestais.

-        Completaremos a rede de saneamento ata chegar á totalidade da poboación.

-        Intensificaremos a defensa e recuperación do noso patrimonio forestal, mediante a aplicación do Plan de Conservación dos Ecosistemas Forestais, incentivando as repoboacións particulares e comunais con especies autóctonas.

-        Elaboraremos o plan de recuperación das praias do concello.

IMG-20140923-WA0000

-        Desenvolveremos a axenda 21Plus.

-        Crearemos puntos limpos e eliminaremos os vertedoiros incontrolados.

P1040520

-        Melloraremos as canles e ribeiras dos nosos ríos, fontes e mananciais, fomentando paralelamente a implantación da cultura da auga.

-        Melloraremos e acurtaremos a atención aos usuari@s de servizos sociais.

-        Poremos en funcionamento o Centro de Día de Cesantes, co compromiso de que poida estar en servizos en 2013.

BNG Redondela

-        Ampliaremos o número de prazas de garderías no Concello.

-        Revitalizaremos o asociacionismo dos nosos maiores e a súa colaboración na vida municipal, potenciando a súa participación na creación cultural.

-        Eliminaremos progresivamente as barreiras arquitectónicas.

-        Programaremos campañas de colaboración con asociacións e institucións dedicadas ao coidado de persoas con necesidades especiais. Traballaremos man con man na procura de recursos e melloras no seu día a día.

-        Crearemos un punto de información ao emigrante.

-        Completaremos os obxectivos do Consello da Muller, a través dos contidos de traballo e o número de membros, dándolle un novo enfoque máis preto das inquedanzas actuais.

-        Daremos maior visibilidade ao Centro de Información as Mulleres, poñendo o seu traballo ao alcance de toda a poboación cun boletín mensual.

-        Dia da Muller. Darémoslles unha nova dimensión e apio institucional.

-        Promoveremos programas culturais en feminino e de artistas do noso municipio que destaquen en cada especialidade.

Chimo Bayo

-        Ampliaremos o número de prazas de gardería existentes na vila, e traballaremos para conseguir un horario de apertura máis amplo.

-        Reordenaremos o tráfico no casco urbano.

Imaxe de Os Eidos

-        Dotaremos ao colexio de Santa Mariña do patio cuberto tan demandado polos usuarios.

-        Xestionaremos a construción da gardería de Chapela.

-        Faremos o novo acceso a Cidadelle e Parada.

2009-10-08_IMG_2009-10-08_21-29-17_imagen-dsc_0160

-        Xestionaremos coa comunidade de montes a creación dunha zoa polideportiva ao campo de fútbol de Chapela.

-        Reformaremos a Praia de Arealonga, coa mellora do paseo e o areal.

-        Impulsaremos a rexeneración da Praia de Cesantes.

10264858_684729594982971_6658222257821119359_n

-        Melloraremos as condicións do camiño de conexión entre Outerio das Penas, Soutoxusto e O Viso.

-        Recuperaremos o antigo depósito de augas de Reboreda, para uso da parroquia.

-        Retomaremos o proxecto do Auditorio do Carballo das Cen Pólas.

-        Negociaremos a recuperación da casa Reitoral de Cedeira como Casa da Xuventude.

-        Xestionaremos un Paseo polo Río Maceiras.

2015010301220227901

-        Melloraremos os vestiarios e instalacións do campo de A Gándara (O Viso).

Estado actual do campo de futbol de O Viso.

-        Fomentaremos a recuperación do entorno do Monte de A Peneda.

-        Humanizaremos a rúa de acceso ao colexio de Vilar, e dotaremos de beirarrúas ata a N-555.

-        Xestionaremos a construción dunha rotonda no Alto dos Valos.

Cruce perigoso no Alto de Os Valos.

-        Impulsaremos a mellora do Camiño Portugués.

-        Melloraremos as instalacións do Campo de Fútbol de Cabeiro.

-        Colaboraremos na construción dunha pista polideportiva en Ventosela, para o deleite da parroquia.

-        Xestionaremos coa Comunidade de Montes, o remate do campo de fútbol e área de recreo de Ventosela.

-        Promoveremos a instalación dunha cuberta na pista polideportiva do Centro Cultural de Negros

-        Xestionaremos coa administración competente a mellora da seguridade viaria da estrada N-555, en Negros.

Estado das cunetas na N-555

-        Xestionaremos a reversión dos terreos ocupados polas obras do AVE para o aproveitamento da parroquia de Negros.

-        Impulsaremos a ampliación da estrada dende a rotonda de Quintela ata a Igrexa de Saxamonde.

-        Proxectaremos unha Estación de Autobuses.

-        Revitalizaremos o comercio en Vilavella.

 

As mentiras de Javier Bas. Ti elixe as 10 primeiras.