Mobilidade: O BNG demanda melloras nas liñas de autobús coa Praia de Cesantes.

IMG_20220718_082437
Durante os meses de verán o areal cesantino convértese nun dos principais espazos de lecer de moitos redondeláns e redondelás. Familias, grupos de amigos e amigas, visitantes, deportistas vinculados ao mar e turistas, buscan disfrutar das augas calmas desta parte da Enseada San Simón.
 
Mobilidade: O BNG demanda melloras nas liñas de autobús coa Praia de Cesantes.
Como un dos principais focos de interese de lecer provoca unha chegada moi importante de vehículos, noemadamente particulares. A presión de centos de coches, durante os días de verán non pode ser incontrolada. 
Dende o BNG avogamos para que dende o Concello se desenvolvan políticas de mobilidade para preservar o areal de Cesantes en xeral, e da Punta en particular. Dende a organización nacionalista entenden que a para redución do uso do coche promocionando o transporte público, debe ser un obxectivo estratéxico.
Dende o Bloque Nacionalista Galego dirixímonos ao goberno municipal, para que se negocie coa empresa de transporte público a mellora da liña de viaxeiros e viaxeiras, con maiores frecuencias, e mesmo posíbeis bonificacións. Cómpre un compromiso coa preservación deste espazo natural, co que a redución do uso do vehículo particular tén que realizarse xa.
Mobilidade: O BNG demanda melloras nas liñas de autobús coa Praia de Cesantes.