O Pleno de Redondela exixe baixar ao pecio do “Villa de Pitanxo”.

Villa-Pitanxo-1-1000x665
Villa-Pitanxo
A moción do BNG, a instancia das familias, contou co respaldo unánime do Pleno.
 
O Pleno de Redondela exixe baixar ao pecio do “Villa de Pitanxo”.
Durante a sesión plenaria de xuño, debateuse a moción asinada polo voceiro municipal nacionalista que recollía íntegramente o texto facilitado no seu día polas familias das vítimas do “Villa de Pitanxo”.
O buque afundido en augas de Terranova no mes de febreiro, afundíu con 24 mariñeiros a bordo, dos que únicamente 3 puideron salvar as súas vidas, ademáis 12 deles desaparecidos.
A principal demanda que se recollía na moción prantexaba que o goberno do estado iniciara os trámites para unha inspección do pecio, afundido a 250 millas das costas de Terranova. Dende hai meses as familias desenvolven unha campaña de apoios de distintas institucións para presionar ao goberno de PSOE-UP, para cumprir coas súas responsabilidades.
Por acordo dos grupos, a moción unicamente foi lida, cunha única quenda de intervención. A moción contou coa unanimidade da Corporación, expresando o apoio do conxunto dos e das redondelás ás demandas das familias do “Villa de Pitanxo”.
 
O Pleno de Redondela exixe baixar ao pecio do “Villa de Pitanxo”.