O Obradoiro do Títere: oportunidade perdida do goberno de Digna Rivas

FB_IMG_1630651905576
O edificio ata agora destinado a Servizos Sociais, permetiría albergar o Obradoiro do Títere. O goberno municipal, deixa escapar esta oportunidade.
O Obradoiro do Títere: oportunidade perdida do goberno de Digna Rivas

O Festival de Titeres, que se está a desenvolver estos días, constitúe un dos escaparates culturais, de maior impacto e trascendenza en Redondela. Manter este evento, co esforzo de organizadores e organizadoras, colaboradores e colaboradoras, vontarios e vontarias non é doado, polo que dende o BNG, queremos recoñecer o compromiso que están a demostrar.

 

Dende hai algúns anos, consideramos que cómpre subir un chanzo, na categorización do Festival. A pegada cultural dos títeres, debe manterse durante todo o ano.
Atopámonos ante un recurso de enorme potencial, que cómpre aproveitar.
 
Hai uns meses, o deputado nacionalista, Manu Lourenzo, propúñalle á Xunta a creación dun bacharelato de artes, en Redondela. Proposta rexeitada polo Partido Popular. Posteriormente o movemento asociativo, a traverso das ANPAs, recollía a proposta, poñéndose a traballar nela.
Ambos elementos, bacharelato de artes, e Obradoiro do Títere, serían perfeitamente compatíbeis en Redondela.
 
No ano 2017 o noso voceiro municipal, Xoán Carlos González presentou e defendeu unha moción para a creación do Obradoiro do Títere. Daquela, tanto o PSOE como AER apoiárona. Agora que gobernaban, existía orzamento e un edificio a recuparar, rexeitaron aproveitar a oportunidade, para cumprir. Atopámonos ante unha evidente mostra de oportunismo político.
 
O Obradoiro do Títere, concíbese como un espazo vivo, multifuncional, onde ademáis de oferta creativa e divulgativa, puidera servir como lugar para que compañías vinculadas ao teatro de monicreques, aos títeres, dispuxeran dun espazo de calidade.
Ata 300.000 euros vai invertir o Concello, e rehabilitar o edificio da rúa Isidoro Queimaliños, vía Fondos Europeos. Estraga o goberno de Digna Rivas a posibilidade de que un edificio singular, poida adicarse a unha actividade tan xenuína. Dende o BNG, seguiremos traballando co compromiso de que en Redondela, se constrúa, un Obradoior do Títere.
 
O Obradoiro do Títere: oportunidade perdida do goberno de Digna Rivas