Olaia Fernández Davila exporá este venres 29 os aspectos básicos da Reforma Local.

Olaia Fernández Davila exporá este venres 29 os aspectos básicos da Reforma Local.

Dende hai varias semanas o goberno do PP está de tramitar un novo proxecto de lei. Utilizando subterfuxios, eufemismos e unha manipulación da linguaxe á que xa nos teñen acostumados, titulan esta proposta de “Proxecto de Lei para a racionalización da administración local”.

O Partido Popular encarna os anceios da vella dereita españolista e recentralizadora de ir eliminando a cada paso estamentos máis cercanos aos cidadáns. Preténdese nin máis nin menos que restar capacidade de autonomía aos concellos no servizo directo aos veciños e veciñas.

Baixo a tan manida necesidade de “racionalización do gasto público”, o Partido Popular vai a por todas. Varios son os eixos nos que se basea esta reforma da administración local: a eliminación das competencias da administración local, a potenciación das deputacións provinciais e a cesión de funcións a empresas privadas.

Dende hai varias semanas, unha vez máis o BNG vén de desenvolver unha campaña de divulgación da estratexia do PP, por todo o País. Para a organización nacionalista, sempre foi prioritario manter informada á cidadanía de todas aquelas cuestións que directa ou indirectamente lle poden afectar.

A deputada do Bloque Nacionalista Galego, vai expoñer os aspectos básicos desta reforma e as diferentes proposicións que, ben como grupo, ou en consonancia con outras organizacións doutras nacións do Estado, como Amaiur ou ERC pretendemos levar a cabo.

A necesidade dun cambio de rumbo nesta deriva recentralizadora e antisocial, concrétase nun cambio dos diversos gobernos nos que ten presenza o Partido Popular.

O Acto Público terá lugar o venres 29 ás 20h. No Multiusos de A Xunqueira, coa participación do concelleiro Xoán Carlos González, e a deputada Olaia Fernández Davila.

501fab4262378-olaia_davila_06_08_2012_01web

Olaia Fernández Davila exporá este venres 29 os aspectos básicos da Reforma Local.