Olaia Fernández Davila, interésase polo futuro da estación de Os Eidos.
A iniciativa da Confederación Xeral de Traballadores e da Asemblea Local do BNG, a deputada nacionalista, coñeceu a problemática desta infraestrutura, poucas horas despois de participar no debate sobre o estado da nación.
A estación de Os Eidos, leva xa varios anos rematada. Ante a inminencia da posta en marcha do Eixo Atlántico de Alta Velocidade, a falla de información sobre o futuro da mesma, preocupa a diversos sectores sociais, políticos e sindicais.
Xunto a membros da organización local do BNG de Redondela, a instancias do sindicato CXT, Fernández Davila visitou a Estación de Os Eidos. Pretendía a deputada coñecer ,in situ, a infraestrutura pola que vai presentar diversas iniciativas no Congreso dos Deputad@s.
Segundo expresaron os membros da forza sindical, todo son incógnitas sobre o futuro desta Estación. A pesares de estar habilitada para que os trens de Alta Velocidade, poidan realizar paradas, non está claro, que sexa así.Os representantes sindicais, amosaron igualmente a súa preocupación porque a inminente posta en marcha da liña do Eixo Atlántico de Alta Velocidade, vaise facer sen que se instale o sistema ERTMS en toda a vía.
Pola súa banda o concelleiro Xoán Carlos González, manifestou que Redondela foi tradicionalmente un importante nó ferroviario. Debemos traballar para que aínda o sexa, tanto coa Alta Velocidade, como co Tren de Cercanías.
A intención da deputada do Bloque Nacionalista Galego, céntrase en coñecer o futuro desta estación. Cómpre poñerse a traballar para que Eidos, forme parte da rede galega ferroviaria, afirmou Fernández Davila.
Para o BNG, a día de hoxe está todo no aire, non está claro que se vai dotar de persoal a Estación de Os Eidos, nin que tipoloxía de trens van a permitir que Redondela, siga desenvolvendo un papel importante na rede ferroviaria galega. Debemos poñernos a traballar. Sería un auténtico desastre desperdiciar unha inversión como a que se fixo.
Durante o encontro Olaia Fernández Davila, comprometeuse a levar as demandas sindicais, e prantexar cantas cuestións sexan necesarias para saber cal vai ser o futuro da Estación de Os Eidos.