Oposición do BNG de Redondela, a converter Rande en almacén de coches.

IMG-20221211-WA0017
O peirao da pedra cheo de coches.
A iniciativa da Autoridade Portuaria de Vigo de empregar como almacén de coches o antigo Peirao de Pedra no Estreito de Rande, choca frontalmente “coa idea da organización nacionalista de recuperación deste espazo da Rede Natura”
 
Oposición do BNG de Redondela, a converter Rande en almacén de coches.
Únense ás críticas expresadas dende a Plataforma en Defensa da Enseada de San Simón, que consideran que a decisión da APV, vai en contra da recuperación da beiramar do concello de Redondela con calidade medioambiental. 
O voceiro nacionalista, Xoán Carlos González considera “que dende o goberno municipal débese abrir un expediente sancionador contra o ente portuario, por carecer de licenza para dita actividade”. “Non imos consentir que este espazo se convirta en almacén de centos de vehículos”, sinala.
Outra das preocupacións que expresa González refírese á seguridade viaria na N-552 entre Rande e Cabanas. “A APV, quere converter esta estrada nun grande vial portuario cun aumento do tráfico pesado, que pón en risco a seguridade viaria nesta parte do Concello, e non imos consentilo”, sentenza.
Anuncia o portavoz, unha xeira de iniciativas nacionalistas conformada por varios escritos dirixidos á alcaldesa, presidenta do concello de Redondela. “Inicialmente solicitamos a apertura dun expediente disciplinario por carecer de licenza de actividade. En segundo lugar un escrito para que, como membro do Consello de Administración, defenda os intereses de Redondela, rexeitando este almacén de coches en Rande”.
Por outra banda dende o BNG van transmitir ao deputado no Congreso, Néstor Rego a situación vivida nestas semanas en Rande. “Ademáis de demandar as debidas explicacións do Ministerio de Transición Ecolóxica, que se dirixa ao presidente da APV, para que revogue ditas instruccións”. 
 
 
Oposición do BNG de Redondela, a converter Rande en almacén de coches.