O pleno apoia a moción do BNG en defensa dos emigrantes retornados.

Xavier Balsas (Responsable local) e Olaia Fernández (Deputada no congreso) atenderon as dúbidas dos afectados.
O pleno apoia a moción do BNG en defensa dos emigrantes retornados.

O goberno de Javier Bas, non respaldou a moción na que se pedía máis información e que se arquivaran os expedientes. A moción debatida no Pleno do mes de setembro recollía a problemática creada polo ministerio de Facenda tras expedientar a miles de emigrantes, e mesmo aos seus herdeir@s. Acúsaos a Axencia Tributaria de actuar como defraudadores. Facenda estalles remitindo cartas nas que os obriga a pagar con efectos retroactivos dende o 2008,  ademáis de cargarlles as multas correspondentes. Nalgúns casos pódese chegar a 20.000 euros, que mesmo os herdeiros das persoas afectadas, teñen que afrontar.

Afectados na xuntanza informativa que convocou en Redondela.

A voceira do BNG, Cecilia Pérez defendeu a proposta afirmando, que esta xente tén amosado vontade de facer fronte ás súas obrigas tributarias,  como o resto de cidadáns. “En ningún momento pretenderon defraudar á Facenda. Moitos solicitaron información, mais nunca lles confirmaron que tiveran que declarar. Agora o ministerio de Facenda trátaos como defraudadores”. Uns vinte mil emigrantes galeg@s poden verse afectad@s por esta situación.   O Partido Popular, actúa de xeito sectario. Os nosos emigrantes, tiveron que facer un dobre sacrificio ao longo das súas vidas. En primeiro lugar, abandoar os seus fogares para traballar no estranxeiro: Alemaña, Suíza, Holanda, Francia, Gran Bretaña. En segundo lugar, enviando divisas dende estes países co que se melloraba a economía galega, e por extensión a española. Agora Facenda trátaos como “fóra da Lei”, cando a súa pretensión sempre foi cumprir as regras. Cecilia Pérez propuxo a todos os grupos, por medio da moción, que Redondela apoiara ás miles de familias afectadas por esta problemática. Esixíase ao ministerio que arquivara os expedientes, ademais de informalos para as vindeiras campañas da Declaración. Causou sorpresa no BNG a argumentación mantida pola voceira do goberno, Teresa París ao defender a actitude do ministerio que dirixe Cristóbal Montoro. Consideran dende o BNG, que o PP non apoiou a moción actuando de xeito sectario por tratarse dunha iniciativa nacionalista. O texto presentado polo BNG si saíu adiante grazas aos apoios de PSOE e AER.

 

O pleno apoia a moción do BNG en defensa dos emigrantes retornados.