O PP facendo cousas do PP.

IMG_20230601_140003
IMG_20230601_140003
O PP facendo cousas do PP.
A xornada electoral do pasado domingo volveu a deixar ben as claras o xeito de actuar do Partido Popular, tamén en Redondela.

 

A actitude “asfixiante” de interventores e interventoras tanto sobre os membros das mesas electorais, como dos electores e electoras, raia a ilegalidade.

 

Aproveitando a inexperiencia de moitos presidentes e presidentas, exércese unha fiscalización de todo o que sucede no colexio electoral. O papel tanto dos interventores e interventoras, e apoderad@s consiste en velar pola transparencia do proceso, e colaborar cos votantes que así llo solicitan.

 

Lonxe desta encomenda os membros do PP mantéñense literalmente pegados aos membros da mesa electoral cando non entre eles, nunha actitude de vixianza constante de todo o que fan. 

 

Cara aos e ás votantes, están controlando en todo momento sinalizando nos listados dos censos de que dispoñen daquelas persoas que exercen o seu dereito a voto. Continuamente requírenlle aos membros da mesa os nomes de quen vota. Este control nominativo causa moitísimo malestar entre quen alí está presente.

 

A segunda parte deste control asfixiante, desenvólvese polas tardes cando son continuas as chamadas a aquelas persoas, “que aínda non foron a votar” segundo os listados nos que van marcando.

 

O espectáculo de membros do PP que foron ou son concelleiras, lonxe desa imaxe de rigor e seriedade que queren transmitir recorda máis aos domadores dos circos. En canto entra un ou unha votante no colexio, xa a abordan para dirixila á mesa correspondente, función que non lles compete.

 

Ás entradas dos colexios, nalgún momento actúan como auténticos gardas de seguridade, cunha actitude mesmo intimidatoria.

 

O único xeito de vencelos pasa por actuar con maior transparencia, rigor e seriedade, e acudindo ás urnas masivamente.

 

O PP, facendo cousas do PP.

O PP facendo cousas do PP.