O voto con “responsabilidade” do BNG asegura que pequenas empresas de Redondela poidan cobrar.

A débeda de 700.000€ do goberno de Digna Rivas saldarase grazas aos tres votos nacionalistas. O PP continúa co boicot ao tecido comercial e empresarial redondelá.
Levar a pleno estas facturas, é un requisito legal imprescindíbel para poder abonalas. “Malia que se trata de gastos cos que non temos nada que ver, asumimos a nosa responsabilidade de apoiar cos nosos votos para que se abonen”, aclara Xoán Carlos González. Insistíu no compromiso do BNG coas pequenas empresas que dependen do seu voto para o cobro destas factura.
Un total de 1.200 facturas que se adebedaban do ano anterior tiveron que se recoñecidas a traverso dunha modificación de crédito. Prácticamente a metade correspondían a consumo eléctrico de instalacións municipais, e alumeado público.
O resto das facturas adebedadas polo goberno PSOE-AER, correspondían a distintas adquisicións, servizos que mesmo estaban pendentes de pago dende outubro de 2024. Moitos destes pequenos negocios, comercios, entidades desenvolven a súa actividade no noso concello. Partidas esgotadas que se cargan ao novo orzamento do ano 2025.
Pola súa parte o PP, continúa a facer o seu boicot sistemático sen apoiar novamente o pago de facturas.