Todo apoio do BNG, ao IES de Chapela, nun novo ataque da Xunta ao ensino público.

IMG-20210505-WA0009
Alexandra Fernández e Xoán Carlos González nunha visita ao IES de Chapela
“A dotación do segundo orientador ou orientadora, debe ser inmediata, para unha atención de maior calidade nun centro de preto de mil alumn@s".
Todo apoio do BNG, ao IES de Chapela, nun novo ataque da Xunta ao ensino público.
Ata o curso 20/21, no IES de Chapela exercían a súa labor dous profesionais da orientación, para permitir unha acción educativa máis personalizada e de maior calidade. No actual curso, un dos orientadores, cambiou o seu destino, e dende os departamentos correspondentes da consellaría non se substituíu. Nunha nova mostra de desprezo ao ensino público en Redondela a consellaría fíxo caso omiso ás diferentes reclamacións realizadas dende o equipo directivo.
O Bloque Nacionalista Galego, púxose en contacto coa dirección do centro, para coñecer os pormenores do caso. Acadouse o compromiso de agardar ás distintas xestións pendentes, para poder desenvolver accións de acompañamento das reclamacións.
Recordan dende a organización nacionalista como durante o curso 20/21 tamén realizaron accións de denuncia da situación do IES, pola problemática dos ruídos que padeceu, e padece o centro, motivadas pola proximidade á Autoestrada. Estas accións remataron cunha importante manifestación a finais do curso.
Destacan o importante valor que nestes momentos está a ter o propio centro. Ademáis da acción educativa, está prestando unha importante labor comunitaria, ao facilitar que grupos culturais de Chapela, ante a falta de locais municipiais, poidan realizar a súa actividade no IES.
 
 
Todo apoio do BNG, ao IES de Chapela, nun novo ataque da Xunta ao ensino público.