Xoán Carlos González afirma que “PP e PSOE repártense o pastel de San Simón”.

Cesantes
Illa de San Simón
“Mentres a Xunta convertíuna nun parque temático, os socialistas pretenden que Caballero controle a xestión cultural”.
 
Xoán Carlos González afirma que “PP e PSOE repártense o pastel de San Simón”.
A decisión do goberno da Xunta de Galiza de ceder a xestión cutural ao Padroado Museo do Mar de Galicia, é valorada negativamente pola organización nacionalista. “Redondela perde peso definitivamente na xestión das actividades que se realizan en San Simón”, apuntan.
Consideran que se trata dunha decisión que foi traballada durante anos, “co fin de distorsionar o sentido das actividades e tarefas que alí se realizan”, sinalan. “A Fundación Illa San Simón creada no 2007 na que o concello de Redondela participaba co obxectivo de convertela nun centro de recuperación da Memoria Histórica foi disolta en tempos do PP coa complicidade do alcalde Javier Bas”.
Para o voceiro do BNG, Xoán Carlos González, do que se trata “é de repartirse o pastel de San Simón. O máis perigoso é que un megalómano como Abel Caballero poida controlar a programación das actividades que alí se realizan”, en alusión a que Concello de Vigo e Consorcio Zona Franca de Vigo forman parte da Fundación Museo do Mar de Galicia.
Acusa o voceiro nacionalista ao Partido Popular de Redondela, de necesario colaboracionista nesta cuestión, co seu silencio. “A sumisión de Javier Bas ao que lle pautan dende Compostela, deixa ben ás claras a que intereses obedece”, sinala González.
Considera o edil nacionalsita que a decisión tomada nesta época do ano, “executouse con aleivosía e premeditación para evitar resposta social”. “Esiximos dende o Bloque Nacionalista Galego que Redondela volva a participar nas diferentes órganos de decisión que actúan na Illa de San Simón”, remata na súa nota.
Xoán Carlos González afirma que “PP e PSOE repártense o pastel de San Simón”.