Xoán Carlos González califica de “torpeza política” de Digna Rivas a xestión do contrato de Limpeza de Edificios Públicos

IMG_20210601_075054
Xoán Carlos González no último pleno municipal.
Prantexou iniciar un novo procedemento de contratación sen negociar os apoios necesarios
Xoán Carlos González califica de “torpeza política” de Digna Rivas a xestión do contrato de Limpeza de Edificios Públicos

“A tramitación deste expediente, parte dun erro inicial cando o equipo de goberno decidíu rescindir o actual contrato a petición da empresa, xustificándose nun presunto desequilibrio económico”, afirma o voceiro municipal nacionalista. No pleno de novembro, PSOE, AER, PP, apoiaron a proposta. Por parte do grupo municipal do BNG, votouse en contra posto que os dous anos prorrogábeis que faltaban poderían suporlle un aforro ao Concello duns 400.000€

O goberno municipal decidíu seguir coa tramitación do novo Prego de Contratación para os edificios municipais: centros de ensino, pavillóns, locais municipais, … No Pleno de abril levouse por vez primeira a debate. A petición da Agrupación de Electores, deixouse o  punto sobre a mesa para analisar un estudio encargado a unha consultora, polo que se pagaron 9.000€, para valorar as opcións de remunicipalización.

A proposta que se levou a Pleno, non contemplaba a remunicipalización, somentes o inicio da tramitación do Concurso. “Outro erro imperdonable que cometeu Digna Rivas, para meter presión ao BNG, foi o de vincular a aprobación do Prego a prorrogar o servizo coa actual empresa que podería ter un carácter indefinido”, aclar o voceiro nacionalista.

“Existíu prepotencia por parte do goberno municipal, xogando a que a responsabilidade dos grupos da oposición, sería suficiente. Neste caso xa sabemos como actúa o Partido Popular, que únicamente mira polos seus intereses particulares”, sinala Xoán Carlos González. “O goberno municipal de Redondela, atópase en minoría, e cando menos debería traballar os apoios necesarios co Bloque Nacionalista Galego, iniciativa que nunca prantexou nunha cuestión deste calado”, aclara.

Xoán Carlos González califica de “torpeza política” de Digna Rivas a xestión do contrato de Limpeza de Edificios Públicos