O BNG, tilda de “forza incendiaria” ao Partido Popular coas Festas da Coca.
A organización nacionalista cualifica de “exemplar como viviron os e as redondeláns a ausencia da Corporación ás manifestacións de carácter relixioso”. Pola contra, repudian a actitude “do Partido Popular, quen se amosou como unha forza que emprega as crenzas persoais, para fomentar un ambiente hostil entre a veciñanza”.