Xoán Carlos González cualifica de “covardía política” o abandono de Javier Bas.
“Deixa na estacada a quen lle apoiou, confirmándose que o seu interese por Redondela, limitábase a ser alcalde ”, afirma.
“Deixa na estacada a quen lle apoiou, confirmándose que o seu interese por Redondela, limitábase a ser alcalde ”, afirma.
A nova recollida en diversos medios de comunicación sobre a desaparición do evento cinematográfico, supón para o voceiro do BNG, “unha nova mostra da obstaculización que Javier Bas e o seu grupo supoñen para a dinámica cultural de Redondela”.
Na mañanciña do venres 2 de novembro, o voceiro municipal do BNG, Xoán Carlos González Campo, acompañado de varios membros da organización de Redondela e Vigo, presentou na sé da Autoridade Portuaria, varias alegacións sobre o documento do Plan Estratéxico do Porto de Vigo.
O concelleiro do BNG, denuncia que sa existe un anteproxecto valorado, “mais o desinterese do goberno de Javier Bas, mantén o expediente paralizado”.
O concelleiro do BNG, considera “que se está ocultando información sobre o que está a suceder, poñendo en risco a seguridade viaria de peóns”.
“Dende antes do verán, xa había comunidades que estaban atravesando problemas de abastecemento. O goberno municipal, no canto de planificar iniciativas, mesmo chegou a criticar aos comuneir@s, e ás xuntas directivas”
Segundo o concelleiro nacionalista, a falla de orzamento forma parte da estratexia do goberno municipal de Redondela. Considera que “manter no mes de xullo prorrogados os orzamentos mantén paralizado o proxecto de urbanización da finca de Ginaria. Nos orzamentos do 2016 existía unha partida de 600.000€, que nos actuais prorrogados desapareceron”.
Para Xoán Carlos González, o goberno de Javier Bas continúa a xustificar a lentitude coa que están actuando tanto Fomento, AUDASA, como a Xunta de Galiza. “Dende que se tomou o acordo plenario en marzo de 2015, para a adquisición de terreos de Ginaria, e a construción do novo colexio Igrexa, todo son incumprimentos”, asegura. Recorda que mesmo os distintos cambios de goberno da Xunta ou central, foron argumentados dende alcaldía para xustificar os retrasos.
Afirma o concelleiro do BNG, que no mes de marzo, solicitou a convocatoria extraordinaria dunha Comisión de Facenda para que se debatera unha partida orzamentaria para urbanizar os terreos onde se van a construír o colexio, unha escola de educación por parte do goberno”.
Denuncia finalmente Xoán Carlos González, que “nestes momentos xa poderían terse iniciado as obras de urbanización. Esta estratexia obedece ao personalismo de Javier Bas
Sinala un solar abandoado na zoa de San Xoán de Arcal, e A Telleira, “como espazos potenciais de incendios”. Acusa ao goberno de Javier Bas, de absentismo nas súas responsabilidades.
No día de hoxe rexeitou unha iniciativa parlamentaria do BNG, para demandar a Fomento beirarrúas, reductores de velocidade, pasos de peóns e regulación mediante semáforos.