O BNG logra o apoio da corporación municipal para declarar o Concello de Redondela libre de explotación sexual

IMG_20210921_080517
Jéssica García defendeu a moción do BNG
O BNG de Redondela logrou sacar a diante unha moción no pleno de setembro en clave abolicionista cos votos favorables de PSOE e AER, e a abstención do Partido Popular. 
O BNG logra o apoio da corporación municipal para declarar o Concello de Redondela libre de explotación sexual
Durante a exposición de motivos a concelleira Jéssica García explicou que a prostitución é tamén un modo de violencia machista que consiste en que as mulleres son mercadas para satisfacer o privilexio masculino; xa que máis do 97% dos demandantes de prostitución son homes.
O sistema prostitucional basea o seu enriquecemento na unión do sistema neoliberal e do patriarcado. Así pois, puteiros e proxenetas son os grandes favorecidos deste sistema de compra de corpos de mulleres, perpetuando os privilexios masculinos.
A proposta do BNG centrouse en pór o foco nos puteiros e nos proxenetas, non en penalizar as mulleres en situación de prostitución seguindo a liña abolicionista. Asi pois, grazas a esta moción acordouse que o Centro de Información á Muller comece a elaborar campañas para difundir a importancia da erradicación da prostitución por ser outro modo de violencia machista; ademais de reforzar os servizos sociais para atender integramente ás mulleres en situación de prostitución, principalmente centrándose na atención social e a inserción socio laboral.
Durante o debate a concelleira nacionalista recordoulle a nova concelleira de igualdade que “este acordo non pode quedar no esquecemento como cando se aprobou a elaboración do protocolo para mulleres vítimas de violencia sexual que as veciñas de Redondela continúan a esperar dende o ano 2019.”
Por último, desde o BNG de Redondela recordamos que o sistema prostitucional non é alleo a Redondela, polo tanto a concellería de igualdade debe comezar a sentar as bases para a loita contra os proxenetas e puteiros (clientes) porque mentres existan mulleres en situación de prostitución non avanzaremos cara unha igualdade real.
 
 
 
 
O BNG logra o apoio da corporación municipal para declarar o Concello de Redondela libre de explotación sexual