Presentación da candidatura do BNG, “Redondela recuperará o seu papel como concello referente”
O venres 21 de abril, terá lugar o acto no Pazo de Petán en Vilavella, comandado polo candidato Xoán Carlos González e a portavoz nacional Ana Pontón.
17 abr. 2023 - 08:56
Iníciase, formalmente con este acto, a precampaña ás eleccións municipais do 28 de maio para o Bloque Nacionalista Galego de Redondela. “Temos moitas gañas de manter e transmitirlle aos e ás redondelás as nosas propostas de futuro”, indica o candidato á alcaldía Xoán Carlos González.
Destaca tres características na candidatura; “lista cremalleira” alternando home muller nos 21 postos, ata 10 persoas suplentes chegando ao máximo permitido e con presenza de ata 8 independentes. Pon en valor que, malia a presenza de xente nova entre os primeiros sete postos, “teñen acumulada moita experiencia tanto no eido político como no asociativo e nos consellos parroquiais”.
Pon en valor, o candidato, que levan traballando coordinadamente os últimos meses para conformar un grupo “que lidere o vindeiro goberno municipal de Redondela”. “Temos verdadeiras ansias de traballar por e para Redondela, para recuperala para a veciñanza e para que volva a ocupar o seu papel de concello referente do noso entorno”.
Jéssica García Cruz, no número 2; David Couñago, nº3; Iria Custodio, nº4; Xosé Rodríguez, nº5; María Xosé García, nº6; Xan A. Álvarez, nº7; Gabriela Álvarez, nº8; Anxo Lusquiños, nº9; Ana Santomé, nº10 e Roberto Cabaleiro ,n11 consitituirían o primeiro treito desta candidatura.