Plastic Omnium volve ningunear ao Concello de Redondela

Plastic Omnium volve ningunear ao Concello de Redondela

Con varios meses de retraso, presenta a licenza de obra.

No Pleno do mes de outubro de 2012, o BNG denunciou a intención da empresa Plastic Omnium de ampliar as instalacións que posúe na parroquia de Cedeira. Segundo expuxo o concelleiro Xoán Carlos González, a obra carecía de estudio de impacto ambiental e era presentada como un dos grandes logros da  xestión de Javier Bas mesmo abalado polo propio Consello da Xunta.

O que se prantexaba dende a nosa organización, eran as consecuencias que para a veciñanza e para o medio ambiente ía a supoñer dita ampliación. Cómpre recordar que nun perímetro dun quilómetro atópase a Enseada de S. Simon, espazo Rede Natura; un núcleo urbano como o de Cedeira, cun centro escolar ademáis de numeroas vivendas espalladas polo entorno.

Demandábase que se iniciaran os trámites para que en Redondela, existira chan Industrial para permitir a ubicación desta e doutras empresas que pretendían ampliar a súa actividade. Responsabilizouse a Arturo González, como concelleiro de urbanismo, da falla de interese do goberno municipal.

Naquel mesmo Pleno, e en semanas posteriores o Partido Popular desenvolveu unha intensa campaña, facendo crer que as pretensións do BNG, eran as de pechar a empresa aproveitando a lexítima defensa dos dereitos da veciñanza, cun presunto peche da factoría.

Nestas semanas Concello e factoría asinaron un convenio de monetarización do 10% obrigatorio dos térreos que foron ocupados cun montante de 63.000 € que pasan ás arcas municipais.

Cabe destacar que no expediente recóllese, a solicitude de licenza de obra presentada por Plastic Omnium, con data outubro de 2012. Como todo o mundo xa sabe as obras xa foran rematadas algúns meses antes, tal como expuxera o concelleiro Xoán Carlos González.

Por todo isto o Bloque Nacionalista Galego, quere manifestar en toda esta cuestión o seguinte:

- En ningún momento se pretendeu poñer en risco ningún posto de traballo.

- O BNG, actuou para velar pola calidade de vida de veciños e veciñas do entorno da factoría.

- Unha cousa é facilitar a instalación e medre de empresas en Redondela, e outra ben distinta que se converta no “todo vale”, tal e como quere facer ver o goberno de Javier Bas.

- Denunciar unha vez máis, a deixación de funcións do goberno municipal, e especialmente do concelleiro Arturo González, quen sendo responsábel de urbanismo, aínda non fixo nada en dous anos para poñer as bases do PXOM, co que se trata de racionalizar os diferentes usos do chan en Redondela.

- Urbanismo debe exixir ás empresas, igual que a particulares, que cumpran coas súas obrigas urbanísticas e tributarias.

- O BNG, fai unha análise rigorosa de cada un dos problemas que afectan ao concello, facendo propostas que vaian en consonancia cos dereitos dos veciños e veciñas.

- A defensa medioambiental, segue sendo un dos piares sobre os que se asenta a política do BNG.

Plastic Omnium volve ningunear ao Concello de Redondela