Senda Verde de Chapela. Imponse a lóxica defendida polo BNG.
PP-PSOE-AER, grandes defensores agora do Proxecto, votaron no seu día en contra do levantamento das vías.
O BNG, demanda da Xunta medidas en defenda das mariscadoras.
O BNG pide un Proxecto máis ambicioso para o novo edificio polivalente de Chapela.
Consideran os nacionalistas que, por desinterese político, deixouse derrubar o antigo colexio Igrexa, sen un estudo rigoroso de rehabilitación. Pretenden que ese edificio manteña un claro contido asociativo e cultural, incluíndo novas dependencias para Servizos Sociais.
Casa de Apostas: A Xunta mide “a favor da empresa”; o Concello, non recorre.
As obras no local, continuaron malia o confinamento ao que se somete a meirande parte da poboación. A acta da medición emitida pola Xunta, “ está orientada a beneficiar á empresa”, mentres que o Concello non presentou ningún tipo de alegación á mesma.
COMUNICADO SOBRE A CRISE DO CORONAVIRUS
Dende o Bloque Nacionalista Galego de Redondela, ante a grave crise sanitaria por mor do COVID-19, “Coronavirus”, Comunicamos:
1. Apelamos á responsabilidade dos veciños e veciñas de Redondela, para poder superar o antes posíbel esta difícil situación sanitaria que estamos a atravesar.
2. Desexar a pronta recuperación daqueles veciños ou veciñas que se poidan ver afectados.
3. Poñernos a disposición das autoridades, principalmente municipais para afrontar esta loita colectiva.
4. Recordar que somentes as directrices baseadas en criterios sanitarios e científicos substentan calquera tipo de decisións.
5. En aras a evitar confusións e uso partidista da información, remitir á cidadanía á páxina do Concello de Redondela, ou do único medio de comunicación que consideramos “oficial” a nível local: Radio Redondela.
6. Especial mención para as familias que estas semanas terán que reorganizar a súa vida especialmente aquelas que teñen menores ao seu cargo.
7. Chamamos á responsabilidade das diversas empresas, para que acompañen as medidas de carácter público, restrinxindo a súa actividade ao máximo. Poderán contar con BNG, para apoiar medidas económicas que resarzan as súas perdas.
8. Recoñecer o traballo, esforzo e implicación dos traballadores da Saúde Pública. Seguiremos, despois desta crise como fixemos antes, defendendo unha Sanidade pública e universal.
9. Recoñecer o traballo dos empregados públicos, especialmente o persoal municipal, para o que pedimos a colaboración e comprensión cidadá, co fin de facilitarlle o seu importante labor.
10. Recoñecer o traballo de todos os operarios e operarias, como repartidores e repartidoras, caixeiros e caixeiras de supermercados, transportistas, persoal farmacéutico,… que seguen desenvolvendo o seu labor nestes días. Apelamos á comprensión e colaboración cidadá para facilitarlle o seu labor. Despois desta crise, seguiremos apoiando as súas xustas reivindicacións laborais.