O goberno de Redondela aproba o Plan Contra Incendios Forestais sen contar coas Comunidades de Montes.
Para Xoán Carlos González, “a alcaldesa desaproveitou a oportunidade de que as Comunidades asumiran un papel protagonista”
Para Xoán Carlos González, “a alcaldesa desaproveitou a oportunidade de que as Comunidades asumiran un papel protagonista”
“Demandamos que se execute o acordo plenario da moción que presentamos no 2022 sobre a seguridade viaria nas estradas municipais”, informa David Couñago.
. Nas propias bases, recoñécese a autonomía para que cada un dos concellos, seguindo unhas directrices poida investir dita partida orzamentaria. Tres son as liñas básicas nas que se pode actuar: creación de emprego, afrontar pagos de diversa índole e investimentos. Recolle igualmente a posibilidade de adicar partidas plurianuais, para equipamentos municipais esgazados na vaga de lumes.
Sorpréndelle ás e aos nacionalistas que na liña de “investimentos” se recolla a proposta do Concello de Redondela, na que se prantexa como unha necesidade, a adquisición para o Multiusos da Xunqueira dun “piano de cola”, para o que reserva unha partida de 38.000€
Segundo o concelleiro nacionalista, Xoán Carlos González “non vai ser o BNG, quen poña peros ao fomento da cultura en todas as súas manifestacións, mais a adquisición deste instrumento musical, debe adaptarse a uns orzamentos máis axustados. Sendo responsábeis de velar polo interese xeral, xunto a unha axeitada inversión dos cartos públicos, cómpre priorizar as necesidades”.
Para o BNG, tal inversión nun piano de cola, xa non só supón facer fronte a un gasto de 38.000€. Dito instrumento musical, pode ser empregado un número moi limitado de veces ao longo do ano. Ademais, tal elemento vai requirir duns coidados e un mantemento, que van supoñer unha partida orzamentaria importante.
Defenden a cultura popular, de base, como instrumento de medre persoal, que forma parte da educación do conxunto da veciñanza, constitúe o eixo fundamental. Salienta o voceiro nacionalista “como con este tipo de propostas demóstrase que o goberno de Javier Bas carece de Proxecto e criterios”. Certifícase que moitas das súas actuacións caracterízanse por certo “pailanismo”, que lonxe de fomentar e dar resposta ás verdadeiras demandas culturais, obedecen a intereses egocéntricos.
O concelleiro nacionalista salienta que “existen no noso concello numerosas e moi destacábeis manifestacións culturais de base que cómpre promocionar, dende os grupos de baile e música popular, asociacións culturais, grupos de teatro, grupos de rock, rap, masas corais,... nas que se deben centrar os esforzos do goberno local. Con este tipo de proposta o goberno de Javier Bas atende máis a postulados personalistas, que a verdadeiras necesidades sociais”, rematan na súa nota.