Todo apoio do BNG, ao IES de Chapela, nun novo ataque da Xunta ao ensino público.
O BNG de Redondela denuncia que o PP pón a Xunta ao servizo dos intereses partidistas.
Nun encontro, mantido entre a delegada do goberno galego, Marta Fernández Tapias e membros de colectivos de Chapela e Trasmañó, segundo o voceiro nacionalista, “a presenza de membros do PP, amosa que novamente o goberno galego, está ao servizo dos intereses partidistas”.
O BNG, demanda da Xunta medidas en defenda das mariscadoras.
O BNG prantexa ao goberno galego orzamentos para restaurar o Cargadoiro de Rande.
A partida, de 300.000€ pretende implicar ao goberno do Estado e á mesma Autoridade Portuaria, para elaborar un convenio entre diferentes administracións co obxectivo de poñer en valor este ben patrimonial”, afirman dende a organización nacionalista.
“A Xunta abandona o cerco de Redondela” segundo o BNG
A este mal acordo para a flota do cerco galega (outro máis), temos que sumar a rebaixa da cota da xarda, nun 20% e que as posibilidades da pesca da anchoa é ridícula, xa que esta redúcese ó 1,14% do cupo do estado español, tan só 68,1 toneladas
Esta situación fai que algúns deste barcos se atopen amarrados a porto e cun futuro moi incerto. “Non podemos saír a faenar, gastamos máis en combustible do que gañamos” comentan os armadores.
Sinalar que mentres que o goberno portugues subvenciona aos barcos do cerco que se atopan amarrados, o goberno español coa complicidade da Consellería do Mar, decidiu non dar ningún tipo de axuda a esta flota.
A situación deixase notar gravemente na economía de moitas familias do noso concello, xa que a meirande parte da flota do cerco da ría de Vigo, pertence a armadores de Redondela, son unhas 30 embarcacións e mais de 300 tripulantes.
A grave situación económica pola que que están atravesando estas familias, debería ser suficientemente importante para que dende o noso concello se tomaran cartas no asunto. Dende o BNG de Redondela o seu Responsábel Local, Anxo Lusquiños, considera que o alcalde volveu a amosar o seu desleixo polos problemas reais que afectan a numerosas familia. “Nin sequera tivo o xesto de terse posto en contacto con estes armadores para coñecer de preto esta situación”. Sinala o apoio e a solidariedade da formación nacionalista coa flota do cerco de Redondela e póñense a súa disposición para o que consideren oportuno
Reclamámoslle a Javier Bas que asuma a súa responsabilidade, e que de maneira urxente solicite unha xuntanza coa Conselleira do Mar, para trasladarlle a preocupación por esta grave situación e esixir medidas que eviten a desaparición desta actividade pesqueira de tanta relevancia económica e social na vida do noso concello, remata na súa nota Lusquiños.