bng
Novas
39385522_1678637142258873_510286765244809216_n

O BNG rexeita a alternativa á N550 en Redondela, proposta no PXOM.

Dende a organización nacionalista consideran que a proposta recollida no borrador do PXOM, tería un impacto moi negativo para entornos como O Salguieral, ou Eidos. “O novo vial,  trasladaría o problema de miles de vehículos que se desprazarían cara a Vigo, Pontevedra ou Portugal a escasos metros do centro de Redondela,” afirman. Presentaron suxestións de eliminación deste trazado, tanto na Consellaría de Medioambiente como no Concello.

Ler novas
Novas
41IuzqvJocL._SY355_

O BNG considera un despilfarro que o goberno de Javier Bas adique 38.000€ do Plan Concellos... “para un piano de cola”.

. Nas propias bases, recoñécese a autonomía para que cada un dos concellos, seguindo unhas directrices poida investir dita partida orzamentaria. Tres son as liñas básicas nas que se pode actuar: creación de emprego, afrontar pagos de diversa índole e investimentos. Recolle igualmente a posibilidade de adicar partidas plurianuais, para equipamentos municipais esgazados na vaga de lumes.

Sorpréndelle ás e aos nacionalistas que na liña de “investimentos” se recolla a proposta do Concello de Redondela, na que se prantexa como unha necesidade, a adquisición para o Multiusos da Xunqueira dun “piano de cola”, para o que reserva unha partida de 38.000€

Segundo o concelleiro nacionalista, Xoán Carlos González “non vai ser o BNG, quen poña peros ao fomento da cultura en todas as súas manifestacións, mais a adquisición deste instrumento musical, debe adaptarse a uns orzamentos máis axustados. Sendo responsábeis de velar polo interese xeral, xunto a unha axeitada inversión dos cartos públicos, cómpre priorizar as necesidades”.

Para o BNG, tal inversión nun piano de cola, xa non só supón facer fronte a un gasto de 38.000€. Dito instrumento musical, pode ser empregado un número moi limitado de veces ao longo do ano. Ademais, tal elemento vai requirir duns coidados e un mantemento, que van supoñer unha partida orzamentaria importante.

Defenden a cultura popular, de base, como instrumento de medre persoal, que forma parte da educación do conxunto da veciñanza, constitúe o eixo fundamental. Salienta o voceiro nacionalista “como con este tipo de propostas demóstrase que o goberno de Javier Bas carece de Proxecto e criterios”. Certifícase que moitas das súas actuacións caracterízanse por certo “pailanismo”, que lonxe de fomentar e dar resposta ás verdadeiras demandas culturais, obedecen a intereses egocéntricos.

O concelleiro nacionalista salienta que “existen no noso concello numerosas e moi destacábeis manifestacións culturais de base que cómpre promocionar, dende os grupos de baile e música popular, asociacións culturais, grupos de teatro, grupos de rock, rap, masas corais,... nas que se deben centrar os esforzos do goberno local. Con este tipo de proposta o goberno de Javier Bas atende máis a postulados personalistas, que a verdadeiras necesidades sociais”, rematan na súa nota.

 

 

 

 

Ler novas
Novas
Avatar Redondela

“A Xunta abandona o cerco de Redondela” segundo o BNG

A este mal acordo para a flota do cerco galega (outro máis), temos que sumar a  rebaixa da cota da xarda, nun 20%  e que as posibilidades da pesca da anchoa é ridícula, xa que esta redúcese ó 1,14% do cupo do estado español, tan  só 68,1 toneladas

Esta situación fai que algúns deste barcos se atopen amarrados a porto e cun futuro moi incerto. “Non podemos saír a faenar, gastamos máis en  combustible do que gañamos” comentan os armadores.

Sinalar que mentres que o goberno portugues subvenciona aos barcos do cerco que se atopan amarrados, o goberno español coa complicidade da Consellería do Mar, decidiu non dar ningún tipo de axuda a esta flota.

A situación deixase notar gravemente na economía de moitas familias do noso concello, xa que a meirande parte da flota do cerco da ría de Vigo, pertence a armadores de Redondela, son unhas 30 embarcacións e mais de 300 tripulantes.

A grave situación económica pola que  que están atravesando estas familias, debería ser suficientemente importante para que dende o noso concello se tomaran cartas no asunto. Dende o BNG de Redondela o seu Responsábel Local, Anxo Lusquiños, considera que o alcalde volveu a amosar o seu desleixo polos problemas reais que afectan a numerosas familia. “Nin sequera tivo o xesto de terse posto en contacto con estes armadores para coñecer de preto esta situación”. Sinala o apoio e a solidariedade da formación nacionalista coa flota do cerco de Redondela e póñense a súa disposición para o que consideren oportuno

Reclamámoslle a Javier Bas que asuma a súa responsabilidade, e que de maneira urxente solicite unha xuntanza coa Conselleira do Mar, para trasladarlle a preocupación por esta grave situación e esixir medidas que eviten a desaparición desta actividade pesqueira de tanta relevancia económica e social na vida do  noso concello, remata na súa nota Lusquiños.

Ler novas