O BNG afirma que o transporte de bacharelato en Redondela está garantido
Xoán Carlos González, “acordamos co goberno de Digna Rivas costear este servizo co IBI da Autoestrada”.
Xoán Carlos González, “acordamos co goberno de Digna Rivas costear este servizo co IBI da Autoestrada”.
Xoán Carlos González, “os taxis realizarán o servizo para o alumnado de bacharelato e reducirase o billete en autobús entre Chapela e Vigo”.
Jéssica García, “trataríase de utilizar uns recursos extra do concello nun problema que afecta a numerosos alumnos e alumnas das parroquias”.
A problemática que afecta a varias ducias de alumnos e alumnas de Redondela, volveu a debaterse no Pleno.
Logo de dous meses de protestas e xuntanzas que concluíron cunha reunión das familias afectadas co servizo de inspección, púxose fin a un conflito que empezou coa negativa do uso do transporte o alumnado de bacharelato e que descubriu todo unha chea de irregularidades por parte dunha das empresas encargadas do mesmo.