bng-redondela
UNKNOWN
CEIP IGREXA

Moción do BNG para o traspaso do CEIP Igrexa.

"O Bloque Nacionalista Galego, recolle a demanda de numerosos coleitivos da parroquia de Chapela, de espazos para realización das súas actividades. Ante esta necesidade, a organización nacionalista aposta polo traspaso do Colexio Igrexa, unha vez que a actividade docente se realice íntegramente no novo colexio que se vai construír na finca de Ginaria.

Con esta finalidade propoñemos, mediante moción, que o alcalde de Redondela, leve a cabo as xestións pertinentes, ante AUDASA, e o Ministerio de Fomento, para que os edificios educativos, vivendas escolares, pasen a mans do Concello".

Ler novas
UNKNOWN
A06 Alzados I cop

Xoán Carlos González afirma que o goberno de Javier Bas “ten paralizado a urbanización de Ginaria”.

Segundo o concelleiro nacionalista, a falla de orzamento forma parte da estratexia do goberno municipal de Redondela. Considera que “manter no mes de xullo prorrogados os orzamentos mantén paralizado o proxecto de urbanización da finca de Ginaria. Nos orzamentos do 2016 existía unha partida de 600.000€, que nos actuais prorrogados desapareceron”.

Para Xoán Carlos González, o goberno de Javier Bas continúa a xustificar a lentitude coa que están actuando tanto Fomento, AUDASA, como a Xunta de Galiza. “Dende que se tomou o acordo plenario en marzo de 2015, para a adquisición de terreos de Ginaria, e a construción do novo colexio Igrexa, todo son incumprimentos”, asegura. Recorda que mesmo os distintos cambios de goberno da Xunta ou central, foron argumentados dende alcaldía para xustificar os retrasos.

Afirma o concelleiro do BNG, que no mes de marzo, solicitou a convocatoria extraordinaria dunha Comisión de Facenda para que se debatera unha partida orzamentaria para urbanizar os terreos onde se van a construír o colexio, unha escola de educación  por parte do goberno”.

Denuncia finalmente Xoán Carlos González, que “nestes momentos xa poderían terse iniciado as obras de urbanización. Esta estratexia obedece ao personalismo de Javier Bas 

Ler novas