Pontón coloca o BNG como garante do impulso da área metropolitana de Vigo
A portavoz nacional, Ana Pontón, empezou o primeiro día de campaña cun acto con candidatos e candidatas dos catorce concellos que integran a área metropolitana de Vigo, hoxe paralizada pola confrontación entre PP e PSOE, facendo perder oportunidades a unha entidade urbana que suma preto de 540.000 habitantes.