Preocupación no BNG, polo gromo no Fogar Residencial de Cesantes.
O aumento do número de afectados e afectadas no Fogar Residencial de Cesantes, que chegou a 17 nos últimos días, alertou aos e ás nacionalistas.
Moción en demanda de melloras dos Centros de Saúde de Redondela
O grupo municipal, vén de presentar unha moción para ser debatida no pleno de decembro, que insta ao goberno galego a realizar melloras na sanidade pública no noso concello.
O BNG de Redondela considera que o goberno municipal claudica ante os intereses de Sacyr
Xoán Carlos González, afirma que se cede á petición da empresa de non prorrogar o contrato de limpeza de edificios municipais, “unicamente porque non lle é rendíbel economicamente”
O BNG demanda un novo proceso de avaliación ambiental do Porto de Vigo.
“Presentamos unha moción ao Pleno, para que o Concello se dirixa ao Ministerio exixindo de que se inicie un trámite máis aberto e participativo”, aclara o voceiro municipal Xoán Carlos González.
O BNG de Redondela amosa a súa preocupación pola falta do servizo xurídico no CIM
Desde hai máis de dúas semanas o CIM de Redondela fica sen servizos xurídicos, xa que o Concello non conta coa traballadora que viña desempeñando o labor de avogada.
O BNG de Redondela alegou en decembro de 2019, contra unha nova factoría de Aucosa. O Concello, non.
O BNG, salienta como “moi positiva para Chapela” a adquisición dos terreos do Colexio Igrexa
O voceiro nacionalista Xoán Carlos González, destaca que “se dá un novo paso na nosa proposta de construción dun edificio multifuncional na parroquia”.
O BNG desmárcase da Programación municipal polo 25N
“Unhas actividades para cubrir o expediente moi distantes do que a veciñanza redondelá demanda”, afirma a concelleira nacionalista Jéssica García.
A praia de Rande, ben merecía uns arranxos “máis respectuosos”
Despois de coñecer “in situ” as obras realizadas no pequeno areal de Rande, dende o BNG non podemos máis que amosar o noso asombro polo alí realizado.